2/7/12

Derrame Rock 2012 - AS FOTOS (e pequena crónica)


PixelinPhoto estivo (esta vez oficialmente) como fotógrafo no Derrame Rock. 
Un soño feito ralidade para min que significou o recoñecemento a un traballo desinteresado que fixera o ano pasado cunhas fotos e un video que fixeron chegar á organización que foi a que contou comigo. 
Foi un festival cheo de "non parar" musical. Nin de facer fotos. Xogando coa vantaxe de 2 escenarios en paralelo segundo remataba un concerto comezaba outro. 
A recua de grandes artistas e de variedades de tódalas cores do rock, punk etc... foi inmensa. Unha lista de grupos e horario moi amplo. 


O xoves arrancou con gañadores dos concursos musicais da Radio Galega e do Wolfest dende as 19:30 e rematou con Miguel Costas que arrancou sobre as 3:40h pasando polos tan agardados na súa cidade Los Suaves que non defraudaron. 


O venres foi un día moi rock punk e hardcore que, intercalado co HipHop de Los chicos del Maiz, foi cambiando de ritmo ó Rock mais clásico de Burning, Loquillo etc... rematando con versións de Motorhead e dos Ramones. 


E o sábado, con algo de cansanzo inicial e acumulado démonos conta de que, a base de Zenzar, Reincidentes, Rosendo, Heredeiros da Crus e moitos mais o tempo e o día pasounos voando. Xa co corpo afeito a ese ritmo de non parar dende as 15h ate as 8 e pico da mañá. Facendo que collera cama coa sensación do traballo ben feito e de ter un bo equipo co que chegar a facer o que vedes. 


De novo, hai moita xente á quen lle teño que agradecer esto. Dende a organización ate Lamatumbá (por levarme o ano pasado con pase de artista) pasando polos compis de fotos e encargado das redes sociais (Santi!!! esta botando fume ainda agora), aos artistas que recoñecían o traballo e tute que nos pegamos que vemos que lles está a gustar todo porque agregan as fotos aos seus facebooks e webs etc... a Manuel Rivas que tiña o "jarito" no sitio, aos de seguridade que tamén nos facilitaron o traballo e todo aquel que sempre fixo un sitio para os pesados dos fotógrafos ala onde se metían. E tamén aos demais fotógrafos de prensa etc... porque fixeron que todo fose xenial cando nos xuntabamos todos no mesmo sitio. 

Unha aperta e vémonos no ano que ven. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta o que queiras