28/9/11

Patryk Kizny - Time lapse en HDR - Rizando o rizo


Témolo falado moitas veces o que son o Time Lapse  facer un video foto a foto con un porrón de fotos e a técnica HDR un efecto co que se consigue mesturando varias fotos a diferentes niveis de luz sombras e luces que non se consiguen con unha toma cunha únic regulación de parámetros. Vale que con RAW pódese facer HDR variando os valores da foto RAW e o resultado pode ser idéntico e aforramos ter que facer varias fotos dun mesmo intre con distintos parámetros.

No video que tratamos do fotógrafo Patryk Kizny podemos ver a combinación das dúas técnicas anteriormente mencionadas. Cun resultado casi irreal e pouco "natural" pero non por iso deixa de ser espectacular.

23/9/11

O Outono, cores cores e cores



Tod@s pensamos no outono como nunha estación de cores marróns e punto. Pois mirade, estas cores non teñen nada que envexar ás cores da primavera ou do verán. Cada estación ten o seu aquel e Don Outono non podía ser menos. Mirade algunhas fotos a continuación:

8/9/11

Unha serie de bos videos de promos

Como promocionar unha especie de Steadycam? a Glidecam HD 4000 ??
Pois amosando todo o que se pode facer con ela, con videos impresionantes, de lugares e situacións impresionantes. Boas tomas, angulos que rozan o extrano e pouco común e unha montaxe final e músicas impresionantes. Dende logo os videos que veredes a continuación son todos unha pasada.

6/9/11

Fotografías HDR


Para empezar: que é HDR ?? 
Na wikipedia explica brevemente en qué consiste esta técnica fotográfica.
É unha técnica que, por experiencia pode resulta ás veces complicada de traballar si o que se pretende é un resultado realista ainda que ás veces os resultados "pasados de rosca" tamén quedan ben. A continuación podedes ver mais fotos:

Graaaaaaaaan angular


Para nadal a ver si ides aforrando para mercarme un 8mm e asi poder facer cousas asi. Que podedes pensar que un graaaan angular con esa deformación que provoca pode non ter bos resultados, pois mirade a continuación fotografías feitas con grandes angulares

Ben Canales - Fotografía de noites estreladas




O autor de fotografías nocturnas do que falamos hoxe é Ben Canales. Un rapaz que leva pouco tempo facendo fotos nocturnas de longa exposición pero cuns resultados incríbeis. Falamos de fotos de exposicións de 15 segundos e ata de 90 minutos!!!

A continuación podedes ver mais fotos: