28/3/12

De videoclipes vai o conto


Hai uns meses recibín unha chamada que fixo que o meu mundo da foto e o video engadira unha nova etiqueta. Os videoclips.

Os RuxeRuxe chamaran para saber si "algunha vez fixeches algun videoclip?, porque estamos buscando quen o faga". Ó que eu respostei: "Non, pero cando queirades comezamos"
E asi foi como comezou a miña andadura polo mundo do videoclip. Cun video que, a verdade, non esperaba que quedara tan bonito, tan divertido e tan solicitado e tan visto. (preto das 10mil visitas xa). 
O primeiro single do novo disco: "Máis cancións sobre toxos, cardos e silvas" de Ruxe Ruxe
ROCK DO PAÍS.


Inmediatamente despois chegaron os Pito de Pikasso para proporme a mesma oferta. Facer un clip desenfadado e divertido acorde coa canción que querian plasmar. Do disco "De perrecho a capitán". BOURA


Logo chegou Balakandra. Que sin contar con el, un dia de ensaio no que ia facer "3 ou 4 fotos" rematei facendo fotos e un video dunha das súas cancións que sairán no, cada día mais próximo, disco. 
Un video que agora aprobeitaron para promocionar esa próxima saida do seu novo album. 
FALSOS CON PEDIGRÍ


E logo do bo e bonito que saiu con Ruxe e Rock do pais volvemos á carga cun novo clip co que seguir facendo cousas coas novas cancións do novo disco de Ruxe. Un clip e unha canción que nada teñen que ver coa "etiqueta" punkeira que leva colgado o grupo dende hai anos. Este video encheunos de ilusión e intencións que logo houbo que rebaixar (artistas desbocados en ideas somos un perigo) e de ali, despois de moito darlle voltas, saiu o derradeiro video que fixen por agora. 
ADIANTE


E agora con algun proxecto en mente e no aire seguimos a presumir de videos feitos, de traballos e de cousas por rematar. Vale que esto son videoclips con tódalas letras. Pero tamén levo tempo facendo videos de directo de: M-Clan, Corizonas, Tanto Nos Ten, Palitroke, Depedro, Los Reyes del KO e a miña ben querida Lamatumbá a que tanto lle debo!! e dos que teño taaantos e tantos videos. Pero poñerei o que significou unha gran experiencia para min na Praza Da Quintana

E por último un gran video resumo do que foi o Derrame Rock do ano pasado no que estiven e do que fixen unha montaxe da que estou moi ledo do seu resultado final.



Agardo que esto non pare. Que cando algo gusta... gusta!!!