17/11/11

Diego Arroyo - Viaxando a Kenya


O que fai nun fotógrafo que teña un bo album é viaxar. Ir a lugares que acercar ó espectador foto a foto. Este é o caso de Diego Arroyo  que conseguiu o que ás veces (na miña opinión) pérdese nas fotos que se trae a xente deste tipo de viaxes. A vida non ten por que ser HORRIBLE fora das fronteiras das nosas terras. Simplemente distintas. E esa diferencia de cultura, artes, roupas, formas de vida é o que se reflexa aqui. E tamén na súa web podedes ver outra sesión de fotos do sudeste asiatico
Noraboa Diego!!
Aí van mais fotos!!

Manuel Rodríguez Sánchez - Imaxinación Power



Coma sempre, dende PixelinPhoto defendemos a ferramenta do photoshop sempre que non sexa para enganar a xente de forma negativa. En cambio o traballo de Manuel Rodríguez Sánchez fai voar a imaxinación. Iso gusta, iso agradécese.
Mais imaxes a continuación:

1/11/11

Cambiade a hora das cámaras

Ben sabedes que do Sábado ó Domingo houbo cambio de hora. E tivemos que cambiar reloxes de parede, de mesiñas e dalgún teléfono antigo. 
Pero non esquenzades que as cámaras por moitos megapixeles que teñan precisan do cambio de hora no reloxo a man. 

Asi que xa sabedes: tecla menu... etc...