19/5/12

Dave Hill... impresionante!! (agora en video)


De novo Dave Hill  volve impresionar. Si hai tempo falamos del e das súas fotos e da forma de descompoñelas  para amosarnos o puzzle que une para conseguir esas fotos finais agora o vemos facendo o mesmo en video. 
Xogando con cámaras ultra lentas a 1600fps para conseguir un resultado único e co seu propio toque único. 
Unhas imaxes en movemento que está levando a cabo por orden de Fiat para promocionar o seu Fiat 500. 
Aí tedes un anaco de como se fixo e resultado final. 



13/5/12

Os Resentidos - As fotos


Tiñan ganas de festa e "calquera excusa" valeu para armala. 
Con amigos e amigas, con toda clase de artistas para cantar o que mais recoñecemos de Os resentidos. 
Aqui tedes as fotos. Eu vou durmir. xDD



11/5/12

Rock Do País -- Finalista en Cans


A nova chegou un pouco retrasada pero non tarde. 
Onte recibín a nova de que o meu primeiro videoclip e o primeiro con Ruxe Ruxe é finalista no inmenso Festival de Cans
Será proxectado ali o venres 25 e xa chegar á final e formar parte das proxeccións e do programa deste festival é todo un orgullo. Agardamos non faltar por ali a facer compaña e desfrutar ese día do bo roio que ali se respirará. ( e a ver ese clip de Medomeda, que nos teñen intrigados).
Sen mais, de verdade, grazas a tod@s quenes fixeron posíbel a creación e gravación deste clip.

Terra da Fraternidade - 40 anos do Zeca - 10-05-12


Onte celebrouse o 40 aniversario do Grándola co Zeca. 
Un evento feito con moito agarimo por tódolos presentes. Dende os técnicos, cámaras ata o derradeiro artista que por ali pasou e a organización. Unha pasada!!. Unha gran noite. 




9/5/12

Balakandra - Novo Disco - Novo Videoclip


De novo, e case sin parar, PixelinPhoto e Balakandra sacan videoclip. Dunha canción extraida no seu mooooi próximo e novo disco. 
A canción "soleando" gravouse nun aserradero en San Sadurniño de onde é orixinario o grupo. É un grupo que mestura moitas formas e xeitos de música, varias xeracións e formas de entendela. 
Aqui tedes a estrea do seu novo clip: 

6/5/12

Carapaus - Novo Videoclip - Maios de Redondela


O novo videoclip deste grupo tan festeiro está de estrea. E qué mellor que o mes de Maio para estrear a canción "Maios de Redondela". Ollo!! que se pega!!
Agardamos que vos guste e que o ruledes por aí. Que para iso está.



David Burdeny - de Icebergs vai a cousa


Cumplindo uns cantos anos do afundimento do Titanic, imos aprobeitar para amosar fotos de algo que tardaron en ver aquela noite. Aqui amosovos fotos de David Burdeny de Icebergs. 
¿quen dixo que non hai de todo para fotografar?
Mais fotos a continuación e na súa web http://www.davidburdeny.com/

Umair Ghani - Fotos de Pakistán


umair ghani.jpg

Umair Ghani. Nome de fotógrafo suuuuuper famoso. (ironia). Eu polo menos descoñecía del, pero despois de ver unha galería del... da para abrir a mente e pensar noutro tipo de foto das que non estamos moi acostumados por estas terras. Hoxe quero tirar de contraluces, de siluetas, do xogo de adiviñar perfiles. Pero podedes pasar por ESTA WEB e ver algo mais deste home ou no seu BLOG
Tedes mais fotos a continuación.

Noite e día - Stephen Wikes


Stephen Wikes  non leva no mundo da fotografía precisamente dous días. E é unha persoa que, polo que teño visto nas súas fotos, é amante das liñas. Pero esta vez decidiu mesturar día e noite dun lugar nunha mesma foto. Algo que, coma moitas outras veces, fai pensar: ¿porque non se me ocurriu a min? 
A continuación tedes mais: