8/10/11

Gregory Colbert - "Ashes and Snow" - (e Video online)



Gregory Coldbert era un documentalista de asuntos sociais en París. Estes documentais levárono a rematar meténdose no mundo da fotografía artística facendo algunha exposición en Suiza. 
Ó longo de 10 anos Colbert non amosou ningunha película, nin expuxo obra de arte algunha. Nese tempo viaxou a lugares como Exipto, Etiopía, Kenia, Namibia, A Antártida... para rodar e fotografar a relación e interacción do ser humán cos animais.

3/10/11

Tom Storm - Lugares en pompas de xabrón


Times Square, New York, Manhattan
Hoxe atopei fotos de lugares en pompa de xabrón. Un tal Tom Storm fixo (con photoshop por suposto) unhas montaxes con lugares flotando en pompas de xabrón, idea canto menos orixinal. Aí van mais fotos:

1/10/11

Bryan Adams - Non so canta


Todos sabemos que os ministros fan mais de un traballo, que os que temos pouco qué rascar nun salario dun traballo tiramos doutro e que os futbolistas teñen cousiñas aparte do fútbol. Bryan Adams non creo que o mundo da música lle vaia mal (está de xira outra vez), pero quen o sigue un pouco ben sabe que tamén se adica á fotografía. E ten un estudio no que saca probeito de ser famoso que coñece a famosos. (Take That, Michael J. Fox (unhas fotos divertidisimas), Amy Winehouse, Naomi Capbell...)
Na súa web podemos ver cousas de estilo moi do meu gusto (persoalmente creo que ten estilo, boas ideas e non lle faltan recursos e técnica).
Está claro que tamén nos seus traballos está rodeado dun equipo de iluminadores, perruqueir@s e maquilladores/as, cousa que todos os fotógrafos deberiamos ter nunha sesión que se prece.
A continuación tedes algunhas fotos de traballos que fixo para revistas, webs, eventos etc...