
Gregory Coldbert era un documentalista de asuntos sociais en París. Estes documentais levárono a rematar meténdose no mundo da fotografía artística facendo algunha exposición en Suiza.
Ó longo de 10 anos Colbert non amosou ningunha película, nin expuxo obra de arte algunha. Nese tempo viaxou a lugares como Exipto, Etiopía, Kenia, Namibia, A Antártida... para rodar e fotografar a relación e interacción do ser humán cos animais.

Video Documental Ashes and Snow
A exposición Ashes and Snow continuará dando voltas polo mundo de xeito indefinido. Mais de 10 millóns de persoas viron xa a exposición en todo o mundo e a crítica desfíxose en eloxios cara Gregory polo seu traballo, forma de expresión, xeito de amosalo etc...

A súa exposición ten características moi particulares e singulares sobre as que se amosan as fotos ó público. Combinando cores ocre escuro e sepia nun proceso sobre papel xaponés feito a man en tamaños de case 2 metros por tres e medio. Toda foto está exenta de texto explicativo para que o espectador disfrute plenamente delas.

Podedes ver mais cousas sobre este proxecto e mais fotos na súa web
En Wikipedia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta o que queiras