26/8/11

Melanie Mann - Confesións dunha iluminadora

Como si da revelación dos trucos de maxia do axudante do mago se tratara, a iluminadora Melanie Mann publicou no seu blog “Confessions of a Mad Photo Assistant”  mais de un e de dous técnicas e segredos de iluminación de fotografías que mais de un e unha coñeceredes. 

24/8/11

Burbullas

Pompas, burbullas, bebidas refrescantes burbulleantes... estamos rodeados de burbullas e que pouco caso lles facemos a miudo. Menos mal que temos a fotografía para inmortalizar súa rápida e fugaz vida. 
Fotos a continuación:

9/8/11

No Reply - Respostando ó silencio con boa música.


No Reply é un grupo de música coa relación "media de idade/tipo de música" atípico. 
Cunha mestura de swing, ska, reagge etc... fan que os seus concertos toquen estilos musicais que antes ou despois gustarán a todo aquel que presencia un concerto deles. 

PixelinPhoto por fin tivo a posibilidade de facerlles unhas fotos e algun que outro experimento multimedia con eles mentres disfrutaba outra vez doutro concerto mais con algún chispazo de temas novos cos que están a traballar. 
A Continuación podedes ver fotos e videos do concerto do outro día no Torrente Ballester de Ferrol.

6/8/11

Expotaku 2011 - A reportaxe - Youtube HD 1080


Por fin en Youtube temos a reportaxe do Expotaku Coruña 2011 para ós que o link de megavideo lles resultaba complicado de ver ou calquera outro motivo existente. A reportaxe está partida en 4 anacos e aqui os podedes ver todos a continuación:

Palitroke - Grupo de música infantil


Palitroke é un grupo, principalmente formado por xente Eumesa, que trata de acercar a música tradicional (e non tanto) ós mais pequenos. Incluindo nas súas cancións pequenas coreografías e demais xogos que fan que os pequenos sintan unión plena co espectáculo. 

"Nos nosos concertos buscamos a participación e colaboración dos nenos interactuando con eles mediante xogos musicais que lles espertan o interese melódico e rítmico, facéndoos partícipes e protagonistas indispensables do espectáculo"

Estiveron no II Feirón Medieval de Pontedeume nun concerto moi especial no que aqui traemos un resumo.

Contacto: grupo.palitroke@gmail.com

Ideas para facer un video das túas vacacións

 http://blog.leica-camera.com/images/V-Lux-2-emotional-600pxw-500x333.jpg
 A maioría da xente, con sorte, estamos de vacacións. E con ainda mais sorte pode que teñamos a posibilidade de facer unha viaxe e nela fotos e videos do que foi, como aprobeitamos o noso tempo de lecer, con quen, onde etc...
A continuación poderedes ver videos curiosos e divertidos a modo de idea para que despois destas datas fagades un video chulo co que presumir coa xente: