6/8/11

Palitroke - Grupo de música infantil


Palitroke é un grupo, principalmente formado por xente Eumesa, que trata de acercar a música tradicional (e non tanto) ós mais pequenos. Incluindo nas súas cancións pequenas coreografías e demais xogos que fan que os pequenos sintan unión plena co espectáculo. 

"Nos nosos concertos buscamos a participación e colaboración dos nenos interactuando con eles mediante xogos musicais que lles espertan o interese melódico e rítmico, facéndoos partícipes e protagonistas indispensables do espectáculo"

Estiveron no II Feirón Medieval de Pontedeume nun concerto moi especial no que aqui traemos un resumo.

Contacto: grupo.palitroke@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta o que queiras