
Como si da revelación dos trucos de maxia do axudante do mago se tratara, a iluminadora Melanie Mann publicou no seu blog “Confessions of a Mad Photo Assistant” mais de un e de dous técnicas e segredos de iluminación de fotografías que mais de un e unha coñeceredes.

Sabemos que mais de un fotógrafo adoita a non gustar que se revele o "making of" dos seus traballos, pero para outros é unha forma de aprender, de ver como se fai, ata onde chegar e como ir mais ala nos nosos mais humildes traballos.

Logo está o caso doutros fotógrafos como Dave Hill, ó cal, mais ou menos lle gustaba amosar como fixo cada unha das capas das súas fotos, descompoñendoas nun video para que descubrisemos os ingredientes que compoñían tal fermosura de prato fotográfico.
E asi podemos ver como se levaron a cabo traballos con Dave Hill, con Joel Grimes, Jill Greenberg e un longo etc...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta o que queiras