31/3/11
Apocalipsis Ruso - Fotografía Catastrofista - Photoshop
Si algo adoro do mundo do Photoshop, efectos especiais de películas, series, e da ciencia ficción é poder ver ou imaxinar cousas como as destas imaxes. Lugares abandoados etc...
Pero neste caso, as fotografías catastrofistas, dos que mais de un fotógrafo saca o seu soldo do mes. Aqui tedes unha seleccion de fotos en plan Apocalipsis Ruso:
Steve Bloom - Fotografía animal
Hainos con sorte e algunha empresa con moita pasta os contrata para facer fotos en paises remotos etc... e hainos como Steve Bloom que fan que o mundo da fotografía animal cobre outra dimensión e deixe que National Geographic ou quen sexa poda ter entre as súas mans unhas fotos únicas na súa especie. Senon mirade:
A Nasa - Sempre presumindo... con razón.
Esta xente da Nasa acaban de publicar fotos de Mercurio
Ten un inmenso parecido á Lúa e aqui no Flickr da Nasa podedes ver tremendas fotos cunha calidade casi inimaxinable do Sol e demais compoñentes do espazo.
30/3/11
Andrew Brooks - Un amante do Sol
Innegable que a Andrew Brooks gústalle moito o Sol e nas suas fotos sempre teñen algo que ver.
Julia Fullerton-Batten
A xermana Julia Fullerton-Batten, digamos que dalle unha volta a toda realidade imaxinable e lóxica e fai da fotografía unha ponte para amosar o que a veces nin a imaxinación ensina.
Star Wars na segunda Guerra Mundial
Alguén mesturou fotos da 2ª Guerra Mundial con personaxes e obxectos de Star Wars. Divertido e curioso. Mirade mais despois do salto:
Ellis Gallagher - Xogando con Sombras
Dende logo New York da moito xogo e moita sombra coa que xogar a facer que perspectivas, ocurrencias, xenialidades e cobinacións inimaxinabeis tomen forma.
George Logan - Como Zoo: Escocia
Translocation é o nome dun proxecto que George Logan levou a cabo, co único obxectivo de mesturar o que sería unha selva, unha xungla e todo o que as compoñen en Escocia.
A base de photoshop creou estas montaxes mais que convincentes e sobre todo moi creativas e orixinais: Mirade:
Cremalleras - Photoshop
Na web de retoque fotográfico Worth1000 fixeron mais de un concurso no que pedías ós participantes que fixeran retoques nas que a protagonista principal das mesmas serían as cremalleras.
Mirade que grandes ideas sairon desa proposta:
Mitch Dobrowner - A beleza das tormentas
Unha cousa teño clara destas fotos que veredes a continuación: Hai que estar ali.
O que fai Mitch Dobrowner é un traballo entretido e que require de moita paciencia, dende logo.
Rebekka Guðleifsdóttir
Esta islandesa de nome impronunciabel saltou á fama no ano 2006 con premio "mellor fotógrafo da web" otorgado polo Wall Street Journal.
Foi desas persoas que a base de fotos rompedoras e orixinais publicadas no Flickr fose saindo e despuntando. (mirádeo, é fermosísimo)
SKYplay - Grupo de Flickr
Quérovos falar dun grupo de Flickr no que se agrupan todo tipo de fotografías coas que se xoga co ceo.
A que esperades para velas e unirvos a él con algunha idea divertida.
Non vos esquenzades de mirar qué podedes fotografar de ali arriba.
Rarindra Prakarsa
Este fotógrafo natural de Yakarta (Indonesia) fai unha fotos incribeis e moi espectaculares dunhas paraxes que, como di el, recolle como mellor pode e traballando e debuxando moito coa luz.
Está claro que o resultado das mesmas é impresionante e que o entorno que él fotografía axuda bastante, pero ainda asi non serei eu quen lle quite mérito a todas estas fotos.
Mirade mais a continuación:
29/3/11
Regreso ó pasado
Irina Werning é unha fotógrafa arxentina que quixo traer ó presente os recordos a traves das súas fotos.
Os soños de Mila
Xuntade a unha nai amante da fotografía (e das manualidades diría eu que tamne) e deixade que a súa nena lle pose en soños e teredes como resultado este incrible e fermoso traballo titulado: Mila’s Daydreams. nome co que titula o seu blog onde tamen vai poñendo como vai medrando a pequena e toda a vida que a rodea.
27/3/11
Fermosas imaxes da Lua
Hai uns dias ben sabedes que houbo unha noite no que a Lúa atopouse nun momento no que estaba chea de todo e moi próxima á Terra. A continuación podedes ver mais fotos daquela noite.
26/3/11
Cambiade a hora das cámaras
Xa sabedes que hoxe ás 2:00 da noite pasamos os reloxos ás 3:00h.
Si sodes dos que usades o reloxo da cámara e as horas ás que tomades as fotos non esquenzades cambiar as horas das vosas cámaras.
Unha aperta!! E que o cambio non vos descoloque moito.
Danny Santos - Fotografía a extranos
" Mira á cámara sen sorrir"
Iso lles di Danny Santos a toda persona que lle resulta suxerente pola rúa.
Iso lles di Danny Santos a toda persona que lle resulta suxerente pola rúa.
A foto mais famosa de Facebook
Grazas a historia que leva detrás esta imaxe fixo que o resultado e revoo que houbo ó redor dela fose enorme.
Unha instantánea que fixo que o grupo de fotografía "Peters Photography" e a familia (que perdera mais de un intento de ter familia) viran que 6 nenos ian provocar un gran desembolso económico para toda a vida.
24/3/11
Enchenta de fotos dos premios Pollux 2010 de fotografía
Este ano a WPGA (Worldwide Photography Gala Awards) premiou oito fotógrafos españois con traballos que foron premiados entre case 19000 fotografias procedentes de 65 países diferentes.
Xa é bastante entrar nese grupo como para ainda por riba levar premio ou que teñan en conta teu traballo.
Podedes ver as fotos premiadas NESTE ENLACE que vos aconsello mirar enteiro xa que nel hai fotografías de todo tipo e con elas apréndese algo e sácanse ideas moi boas para futuros experimentos que fagades cámara en man.
Cales son as vosas favoritas??
Fonte: Xatakafoto
Xa é bastante entrar nese grupo como para ainda por riba levar premio ou que teñan en conta teu traballo.
Podedes ver as fotos premiadas NESTE ENLACE que vos aconsello mirar enteiro xa que nel hai fotografías de todo tipo e con elas apréndese algo e sácanse ideas moi boas para futuros experimentos que fagades cámara en man.
Cales son as vosas favoritas??
Fonte: Xatakafoto
Cítricos de Cine
Os nosos amigos de PixelinPhoto estrean web.
Cítricos de Cine é unha web que fala, critica, opina e desfai a base de crítica e humor todo o mundo do cine, tv, series, comics etc...
Na presentación podedes ler de que van e a onde van.
Agardamos que sexa do voso agrado e asi podades disfrutar do mundo da fotografía, e o cine e demais a base deste blog e www.cítricosdecine.tk
22/3/11
Zanfona en Naron coa Zoom H2
Presentamos o primeiro video con un novo elemento no equipo de PixelinPhoto, a Zoom H2, unha grabadora de son que fará que mellore todo traballo audiovisual a partires de agora en PixelinPhoto.
Mirade o primeiro video que vos presentamos, grabado nun centro comercial ateigado de xente e ruidos de tendas e fio musical. Dentro do lóxico o resultado final está ben conseguido.
Youtube
Produccións Talegueras
Producións Talegueras cumpre unha dobre función a nivel nacional, con sede en Madrid, como realizadora e produtora audiovisual e como promotora sen ánimo de lucro que pretende levar a cabo proxectos audiovisuais amateur, axudar a mozos e mozas creativos a desenvolver as súas ideas e materializalas.
Contacta con elas: produccionestalegueras@gmail.com
Mundopix.com pasa ao grupo PixelinPhoto
A coñecida web Mundopix.com acaba de cumprir 9 anos o 25 de Febreiro do 2011.
A partires e agora esta web formará parte do grupo de PixelinPhoto tratando de expandir un pouco mais a imaxe e traballo que se quere amosar ó mundo do audiovisual por parte desta web.
Agardamos que esta unión faga de PixelinPhoto unha web mais coñecida.
Pintando con Luz
Night Photography from Mark & Angela Walley on Vimeo.
No video temos a Scott Martin e Lance Keimig que nos ensinan como fan as fotos nocturnas, como levan a cabo o proceso, curiosidades e uns resultados incribeis.
Para facer este tipo de foto, dende logo hai que ter paciencia, bos lugares, unha mentalidade moi aberta e creatividade.
Dende logo o resultado é espectacular.
Fonte: XatakaFoto
Pixelin Photo Blog
Benvidos ó novo Blog de PixelinPhoto.
Este será un lugar onde amosar e falar de todo o referido co mundo do audiovisual.
Fotografía, video, curiosidades, novas de PixelinPhoto, programas, webs etc...
Agardamos que guste!!
Este será un lugar onde amosar e falar de todo o referido co mundo do audiovisual.
Fotografía, video, curiosidades, novas de PixelinPhoto, programas, webs etc...
Agardamos que guste!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)