Mostrando entradas con la etiqueta flickr. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta flickr. Mostrar todas las entradas

2/7/12

Derrame Rock 2012 - AS FOTOS (e pequena crónica)


PixelinPhoto estivo (esta vez oficialmente) como fotógrafo no Derrame Rock. 
Un soño feito ralidade para min que significou o recoñecemento a un traballo desinteresado que fixera o ano pasado cunhas fotos e un video que fixeron chegar á organización que foi a que contou comigo. 
Foi un festival cheo de "non parar" musical. Nin de facer fotos. Xogando coa vantaxe de 2 escenarios en paralelo segundo remataba un concerto comezaba outro. 
A recua de grandes artistas e de variedades de tódalas cores do rock, punk etc... foi inmensa. Unha lista de grupos e horario moi amplo. 

13/5/12

Os Resentidos - As fotos


Tiñan ganas de festa e "calquera excusa" valeu para armala. 
Con amigos e amigas, con toda clase de artistas para cantar o que mais recoñecemos de Os resentidos. 
Aqui tedes as fotos. Eu vou durmir. xDD



13/1/12

Lee Jeffries - Retratos de rúa.


O fotógrafo inglés Lee Jeffries  comezou traballando como fotógrafo deportivo, pero acabou descubrindo que o seu futuro non era ese. Cando na rúa atopou xente sin fogar de Londres rematou decidindo facer fotografías de xente da rúa. Con tempo e coñecendoos pouco  a pouco acaba conseguindo certa conexión con esas persoas que podedes ver a continuación:

6/9/11

Fotografías HDR


Para empezar: que é HDR ?? 
Na wikipedia explica brevemente en qué consiste esta técnica fotográfica.
É unha técnica que, por experiencia pode resulta ás veces complicada de traballar si o que se pretende é un resultado realista ainda que ás veces os resultados "pasados de rosca" tamén quedan ben. A continuación podedes ver mais fotos:

Ben Canales - Fotografía de noites estreladas




O autor de fotografías nocturnas do que falamos hoxe é Ben Canales. Un rapaz que leva pouco tempo facendo fotos nocturnas de longa exposición pero cuns resultados incríbeis. Falamos de fotos de exposicións de 15 segundos e ata de 90 minutos!!!

A continuación podedes ver mais fotos:

23/6/11

Susi - Galería de fotos

 
Susi. O novo album de fotos que creei co proposito de amosar os mil e un estados dunha soa persoa. 
É o que ten estar ó carón, que podes captar cousas con tempo que fan que mil e un ángulos e momentos de fotografiala non capten todo o que é. 
A fotografía é asi. E o ser human tamen.  
 

21/5/11

Fotos Expotaku 2011 - MAIS FOTOS

Temos novas fotos!!! 
De novo, como o ano pasado levase a cabo esta fin de semana o Expotaku en A Coruña.
Un evento que estamos a cubrir dende PixelinPhoto de igual ou mellor maneira se podemos que o ano pasado.
Aqui tedes as fotos de toda a fin de semana (á espera do final da grabación da reportaxe e posterior montaxe).
Engadimos Fotos de FLICKR ou no FACEBOOK

Mais información sobre o evento en: http://www.expotaku.com/a-coruna/

Podedes ver as fotos do Expotaku 2010 AQUI 
E podedes ver A REPORTAXE EN VIDEO de 33min do ano pasado AQUI

17/5/11

Marcus Reugels - Esculturas líquidas

 
Moi boa luz, fotos de alta velocidade, moitos líquidos, colorantes, e imaxinación.
Esas son as ferramentas que usa don Marcus Reugels para representar estas figuras que só se ven unha vez na vida e dubido que se podan repetir con facilidade. Non hai copia igual. 
Mirade:

14/5/11

Fotos da fábrica de lápices abandonada de Ferrol

 
Fotos da fábrica de lápices de Ferrol que se atopa ó lado do peirao. 
AQUI podedes ler algo de historia sobre a fábrica. 
E AQUI podedes ver as fotos no flickr
 
 

5/5/11

Luis Caldevilla - Time Lapses etc...




Despois da resaca de derbis deste mes chega a hora de tirar de arte, e hoxe falamos dun Time lapse:
Luis Caldevilla grabou para Telemadrid un time lapse do que foi o lance de champions no bernabeu, para iso dispuxo de duas 450D, unha 1000D e unha 7D. Pero sobre todo (e é onde mais quero incidir) dunha Motiontimer un brazo sincronizado e motorizado de precisión co que conseguir cousas incríbeis. Como os que vemos a continuación:

Fotos Concerto Solidario Rumbo a Gaza


O 4 de maio na Sala Nasa de Compostela organizouse un concerto solidario presentado por Carlos Blanco e no que participaron  García MC, The Homens e Quempallou.
Pixelin Photo colaborou con este evento no que, coma sempre búscouse atopar apoios de todo tipo de cara a este conflicto que xa leva tempo en pe.

Podedes ver algunha foto despois do salto

8/4/11

Budiño na Casa das Crechas - 07-04-11


Onte pasei pola Casa das Crechas invitado polo gran DZ para ir disfrutar dun "miniconcerto" (por isto do tamaño do formato e do local) de Xose Manuel Budiño. Cun Resultado musical moi destacable pola miña parte xa que del case non escoitara nada ate o momento. Agora vendo esa mestura "analoxico-dixital" co que leva a cabo a súa música últimamente fixo que parase un intre e prestase atención a este músico que tan abandoado tiña a pesares de saber de sobra quen é. 
Aqui tedes a galería de fotos da noite de onte. Pena de non ter a Zoom H2 onte... pero iso é outra historia. 

6/4/11

Manifestación da CIG en Madrid - 05-04-11

O día 05-04-11 a CIG como sindicato galego e outros sindicatos vascos, canarios e cataláns xuntáronse en Madrid para protestar polo actual sistema politico-económico. 
Podedes ver as fotos de toda a manifestación 



Reincidentes y Censurados na sala O Túnel - 02-04-11

Por fin podedes ver as galerias de fotos que esta fin de semana fixen a dous grupos de música o 02-04-11 na Sala O Túnel na Coruña: 

31/3/11

A Nasa - Sempre presumindo... con razón.

Mercurio
Esta xente da Nasa acaban de publicar fotos de Mercurio
Ten un inmenso parecido á Lúa e aqui no Flickr da Nasa podedes ver tremendas fotos cunha calidade casi inimaxinable do Sol e demais compoñentes do espazo.

30/3/11

Rebekka Guðleifsdóttir

 
Esta islandesa de nome impronunciabel saltou á fama no ano 2006 con premio "mellor fotógrafo da web" otorgado polo Wall Street Journal.
Foi desas persoas que a base de fotos rompedoras e orixinais publicadas no Flickr fose saindo e despuntando. (mirádeo, é fermosísimo)

SKYplay - Grupo de Flickr



Quérovos falar dun grupo de Flickr no que se agrupan todo tipo de fotografías coas que se xoga co ceo.
A que esperades para velas e unirvos a él con algunha idea divertida.
Non vos esquenzades de mirar qué podedes fotografar de ali arriba.

29/3/11

Os soños de Mila

Xuntade a unha nai amante da fotografía (e das manualidades diría eu que tamne) e deixade que a súa nena lle pose en soños e teredes como resultado este incrible e fermoso traballo titulado:  Mila’s Daydreams. nome co que titula o seu blog onde tamen vai poñendo como vai medrando a pequena e toda a vida que a rodea.