28/9/11

Patryk Kizny - Time lapse en HDR - Rizando o rizo


Témolo falado moitas veces o que son o Time Lapse  facer un video foto a foto con un porrón de fotos e a técnica HDR un efecto co que se consigue mesturando varias fotos a diferentes niveis de luz sombras e luces que non se consiguen con unha toma cunha únic regulación de parámetros. Vale que con RAW pódese facer HDR variando os valores da foto RAW e o resultado pode ser idéntico e aforramos ter que facer varias fotos dun mesmo intre con distintos parámetros.

No video que tratamos do fotógrafo Patryk Kizny podemos ver a combinación das dúas técnicas anteriormente mencionadas. Cun resultado casi irreal e pouco "natural" pero non por iso deixa de ser espectacular.


Outro video que podedes ver deste artista con esas técnicas e algunha mais en timelapse é o espectacular "The Chapel":


Aparte destes dous destacables traballos tamén podemos ver outros como "Altissimo" co que acumulou 700gbs de fotos RAW (unhas 45000 fotos) : 


E o video Walim Nightscapes. 



Por outra parte mencionar a importancia engadida da música en cada video. Facendo que tanto ollos coma oidos queden por uns minutos totalmente paralizados ante estas obras de arte.
Traballos feitos con moita paciencia sobre todo, que fan que persoas coma eu pensen en baixar do tren audiovisual a tempo ou matarse a tentar seguir a estela de artistas coma Patryk.

Patryk Kizny vimeo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta o que queiras