22/7/12

Virginia Gimeno - O arte das fotos de voda


No mundo da foto hai moita xente que te mira con superioridade si és fotógrafo de vodas.  
A foto de vodas ten esa fama de ser a merda de traballo, o de sempre, ese curro que vive falto de orixinalidade e frescura. 
Eu logo de 6 anos en vodas teño que dicir que esto nin é asi e de que o fose as cousas están a cambiar. 
Considero que a foto de voda é un traballo no que se hai que implicar moito mais que noutros traballos. Hai que conseguir tirar de orixinalidade (facer o de sempre, co tempo é facer o teu propio burato na terra), hai que facer que cada voda sexa distinta, sexa propia, improvisar en moitos casos é a base deste arte, pois sempre xorden imprevistos... etc...
Hoxe quérovos presentar unha fotógrafa da que me gustou seu traballo. (con permiso de outros moitos compañeiros que admiro e ben o saben como Adolfo Enríquez, os irmáns Uzal (fílmate), Suso Rivas, Nico Sánchez, Martiño de Lopo, Borja Brun, Vicente Domínguez...) e cos que aprendo día a día.





Con tempo, pouco a pouco, ves que unha voda non é chegar e encher. Non é facer fotos a cascoporro e aseguras un bo traballo. Xa comeza haber competencia que fai daunha boda un algo mais, un +1 que decanta a balanza cara a competencia si quedas durmido nos laureis. 
É algo que Virginia supoño que ten moi en conta á hora de facer seu traballo.


Nótase frescura, felicidade, emoción, ledicia e moitos sentimentos positivos nas súas fotos. Nas facianas dos noivos, familiares, convidados... e todo leva a pretender dese día o que nas películas sempre pretenderon. Que sexa e fose un día único e especial.


Virginia Gimeno adoita a usar moito material. Equipo variado que fai que a súa imaxe que forma na súa testa sexa posible facelo realidade. Na súa web podedes ver mais fotos. 
Eu, aprendin un chisco mais do que se pode facer neste sector. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta o que queiras