13/1/12
Lee Jeffries - Retratos de rúa.
O fotógrafo inglés Lee Jeffries comezou traballando como fotógrafo deportivo, pero acabou descubrindo que o seu futuro non era ese. Cando na rúa atopou xente sin fogar de Londres rematou decidindo facer fotografías de xente da rúa. Con tempo e coñecendoos pouco a pouco acaba conseguindo certa conexión con esas persoas que podedes ver a continuación:
12/1/12
Do dereito e do revés
Hai pouco puxen fotos debaixo da agua coa que descubriamos múltiples formas de xogar coas perspectivas.
Coidado co "home de negro".
27/12/11
Michael Oswald - ¿de verdade? !!
De novo neste blog descubrimos a verdadeiros artistazos do photoshop. Neste caso o "mestre" é un rapaz de 28 anos que manipula imaxes dixitalmente facendo que unha foto deixe de ser o que era case por completo.
Na súa web podedes ver mais cousiñas que vai facendo, case o 100% do seu traballo tira de photoshop (para alguns en exceso, para outros con gran arte).
Tamén podedes ver na súa web o "antes e despois" dalgúns traballos seus.
A continuación podedes ver algunha cousa mais que fai:
O primeiro videoclip de PixelinPhoto con Ruxe-Ruxe
Por fin. Despois dun tempo xuntando ideas, argallando onde rodar, que punto de vista darlle, que técnicas aplicar etc... por fin!! sae á luz o meu primeiro videoclip. E a verdade é que ainda non o creo.
A canción pégase, o video gusta volvelo ver, o grupo Ruxe-Ruxe non son calquera cousiña que anda solta por aí, son xente que levan anos e anos.
Foi unha experiencia impresionante, con moitas cousas que mellorar, moito por aprender e aprendido, con mais ideas que ir argallando e plasmando nas "fotos en movemento" do próximo proxecto que vaia sair.
Teño que estar moi agradecido a eles, a quen me axudou co video con ideas e opinión sinceras de todo e a quen o ve e gasta o tempo a velo e valoralo. Pero sobre todo a
Ruxe-Ruxe , porque un día chamaron e contaron comigo para facer o video do primeiro single do seu novo CD e agardo que sexa o inicio de moitos outros proxectos.
Aqui tedes o video:
2/12/11
Picasso pintaba con luz

Que Picasso era un artista recoñecido no mundo da pintura é de sobra sabido... que tamén o era pintando con luz e xogando con longas exposicions fotográficas... iso non o sabiamos tanto. Aqui tedes a Picasso pintando con luz agora cos meus Lightpaintings síntome mais artista que antes!!
Mais fotos a continuación:
17/11/11
Diego Arroyo - Viaxando a Kenya

O que fai nun fotógrafo que teña un bo album é viaxar. Ir a lugares que acercar ó espectador foto a foto. Este é o caso de Diego Arroyo que conseguiu o que ás veces (na miña opinión) pérdese nas fotos que se trae a xente deste tipo de viaxes. A vida non ten por que ser HORRIBLE fora das fronteiras das nosas terras. Simplemente distintas. E esa diferencia de cultura, artes, roupas, formas de vida é o que se reflexa aqui. E tamén na súa web podedes ver outra sesión de fotos do sudeste asiatico
Noraboa Diego!!
Aí van mais fotos!!
Manuel Rodríguez Sánchez - Imaxinación Power

Coma sempre, dende PixelinPhoto defendemos a ferramenta do photoshop sempre que non sexa para enganar a xente de forma negativa. En cambio o traballo de Manuel Rodríguez Sánchez fai voar a imaxinación. Iso gusta, iso agradécese.
Mais imaxes a continuación:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



