27/12/11

O primeiro videoclip de PixelinPhoto con Ruxe-Ruxe


Por fin. Despois dun tempo xuntando ideas, argallando onde rodar, que punto de vista darlle, que técnicas aplicar etc... por fin!! sae á luz o meu primeiro videoclip. E a verdade é que ainda non o creo.
A canción pégase, o video gusta volvelo ver, o grupo Ruxe-Ruxe non son calquera cousiña que anda solta por aí, son xente que levan anos e anos. 
Foi unha experiencia impresionante, con moitas cousas que mellorar, moito por aprender e aprendido, con mais ideas que ir argallando e plasmando nas "fotos en movemento" do próximo proxecto que vaia sair.
Teño que estar moi agradecido a eles, a quen me axudou co video con ideas e opinión sinceras de todo e a quen o ve e gasta o tempo a velo e valoralo. Pero sobre todo a  Ruxe-Ruxe , porque un día chamaron e contaron comigo para facer o video do primeiro single do seu novo CD e agardo que sexa o inicio de moitos outros proxectos. 
Aqui tedes o video: 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta o que queiras