2/7/12

Derrame Rock 2012 - O video resumen. E algun mais


Igual que o ano pasado fixen un video resumo do festival, este ano fun facendo minivideos que se xuntaron agora nun pequeno resumo musical do que foi o festival. Aqui o tedes por fin.


Tamén podedes ver a continuacion o resto dos videos deste e do ano pasado.

Derrame Rock 2012 - AS FOTOS (e pequena crónica)


PixelinPhoto estivo (esta vez oficialmente) como fotógrafo no Derrame Rock. 
Un soño feito ralidade para min que significou o recoñecemento a un traballo desinteresado que fixera o ano pasado cunhas fotos e un video que fixeron chegar á organización que foi a que contou comigo. 
Foi un festival cheo de "non parar" musical. Nin de facer fotos. Xogando coa vantaxe de 2 escenarios en paralelo segundo remataba un concerto comezaba outro. 
A recua de grandes artistas e de variedades de tódalas cores do rock, punk etc... foi inmensa. Unha lista de grupos e horario moi amplo. 

8/6/12

Expo PixelinPhoto Life - Cancelado concerto Sés


O concerto de Sés foi cancelado por problemas de saúde da artista. Dende aqui desexámoslle unha pronta recuperación e que non sexa moita cousa dentro do malo.
De tódolos xeitos a inauguración da expo segue adiante e seguímosvos convidando a vir a disfrutar dun local fermoso cun ambiente moi familiar, a tomarlle unha (ou duas) e a tocar as guitarras que ali están á disposición do público e ainda podemos ter unha inauguración divertida de todo. E por suposto boas fotos. E videoclipses de pixelinphoto. 
Asi que non deixedes de vir por ali hoxe. 


19/5/12

Dave Hill... impresionante!! (agora en video)


De novo Dave Hill  volve impresionar. Si hai tempo falamos del e das súas fotos e da forma de descompoñelas  para amosarnos o puzzle que une para conseguir esas fotos finais agora o vemos facendo o mesmo en video. 
Xogando con cámaras ultra lentas a 1600fps para conseguir un resultado único e co seu propio toque único. 
Unhas imaxes en movemento que está levando a cabo por orden de Fiat para promocionar o seu Fiat 500. 
Aí tedes un anaco de como se fixo e resultado final. 



13/5/12

Os Resentidos - As fotos


Tiñan ganas de festa e "calquera excusa" valeu para armala. 
Con amigos e amigas, con toda clase de artistas para cantar o que mais recoñecemos de Os resentidos. 
Aqui tedes as fotos. Eu vou durmir. xDD



11/5/12

Rock Do País -- Finalista en Cans


A nova chegou un pouco retrasada pero non tarde. 
Onte recibín a nova de que o meu primeiro videoclip e o primeiro con Ruxe Ruxe é finalista no inmenso Festival de Cans
Será proxectado ali o venres 25 e xa chegar á final e formar parte das proxeccións e do programa deste festival é todo un orgullo. Agardamos non faltar por ali a facer compaña e desfrutar ese día do bo roio que ali se respirará. ( e a ver ese clip de Medomeda, que nos teñen intrigados).
Sen mais, de verdade, grazas a tod@s quenes fixeron posíbel a creación e gravación deste clip.