No Reply é un grupo de música coa relación "media de idade/tipo de música" atípico.
Cunha mestura de swing, ska, reagge etc... fan que os seus concertos toquen estilos musicais que antes ou despois gustarán a todo aquel que presencia un concerto deles.
PixelinPhoto por fin tivo a posibilidade de facerlles unhas fotos e algun que outro experimento multimedia con eles mentres disfrutaba outra vez doutro concerto mais con algún chispazo de temas novos cos que están a traballar.
A Continuación podedes ver fotos e videos do concerto do outro día no Torrente Ballester de Ferrol.