12/1/12

Do dereito e do revés


Hai pouco puxen fotos debaixo da agua coa que descubriamos múltiples formas de xogar coas perspectivas. 
Coidado co "home de negro".

27/12/11

Michael Oswald - ¿de verdade? !!


De novo neste blog descubrimos a verdadeiros artistazos do photoshop. Neste caso o "mestre" é un rapaz de 28 anos que manipula imaxes dixitalmente facendo que unha foto deixe de ser o que era case por completo. 
Na súa web podedes ver mais cousiñas que vai facendo, case o 100% do seu traballo tira de photoshop (para alguns en exceso, para outros con gran arte). 
Tamén podedes ver na súa web o "antes e despois" dalgúns traballos seus. 
A continuación podedes ver algunha cousa mais que fai:

O primeiro videoclip de PixelinPhoto con Ruxe-Ruxe


Por fin. Despois dun tempo xuntando ideas, argallando onde rodar, que punto de vista darlle, que técnicas aplicar etc... por fin!! sae á luz o meu primeiro videoclip. E a verdade é que ainda non o creo.
A canción pégase, o video gusta volvelo ver, o grupo Ruxe-Ruxe non son calquera cousiña que anda solta por aí, son xente que levan anos e anos. 
Foi unha experiencia impresionante, con moitas cousas que mellorar, moito por aprender e aprendido, con mais ideas que ir argallando e plasmando nas "fotos en movemento" do próximo proxecto que vaia sair.
Teño que estar moi agradecido a eles, a quen me axudou co video con ideas e opinión sinceras de todo e a quen o ve e gasta o tempo a velo e valoralo. Pero sobre todo a  Ruxe-Ruxe , porque un día chamaron e contaron comigo para facer o video do primeiro single do seu novo CD e agardo que sexa o inicio de moitos outros proxectos. 
Aqui tedes o video: 

2/12/11

Picasso pintaba con luz


Que Picasso era un artista recoñecido no mundo da pintura é de sobra sabido... que tamén o era pintando con luz e xogando con longas exposicions fotográficas... iso non o sabiamos tanto. Aqui tedes a Picasso pintando con luz agora cos meus Lightpaintings  síntome mais artista que antes!!
Mais fotos a continuación:

17/11/11

Diego Arroyo - Viaxando a Kenya


O que fai nun fotógrafo que teña un bo album é viaxar. Ir a lugares que acercar ó espectador foto a foto. Este é o caso de Diego Arroyo  que conseguiu o que ás veces (na miña opinión) pérdese nas fotos que se trae a xente deste tipo de viaxes. A vida non ten por que ser HORRIBLE fora das fronteiras das nosas terras. Simplemente distintas. E esa diferencia de cultura, artes, roupas, formas de vida é o que se reflexa aqui. E tamén na súa web podedes ver outra sesión de fotos do sudeste asiatico
Noraboa Diego!!
Aí van mais fotos!!

Manuel Rodríguez Sánchez - Imaxinación Power



Coma sempre, dende PixelinPhoto defendemos a ferramenta do photoshop sempre que non sexa para enganar a xente de forma negativa. En cambio o traballo de Manuel Rodríguez Sánchez fai voar a imaxinación. Iso gusta, iso agradécese.
Mais imaxes a continuación:

1/11/11

Cambiade a hora das cámaras

Ben sabedes que do Sábado ó Domingo houbo cambio de hora. E tivemos que cambiar reloxes de parede, de mesiñas e dalgún teléfono antigo. 
Pero non esquenzades que as cámaras por moitos megapixeles que teñan precisan do cambio de hora no reloxo a man. 

Asi que xa sabedes: tecla menu... etc...