8/4/11

Budiño na Casa das Crechas - 07-04-11


Onte pasei pola Casa das Crechas invitado polo gran DZ para ir disfrutar dun "miniconcerto" (por isto do tamaño do formato e do local) de Xose Manuel Budiño. Cun Resultado musical moi destacable pola miña parte xa que del case non escoitara nada ate o momento. Agora vendo esa mestura "analoxico-dixital" co que leva a cabo a súa música últimamente fixo que parase un intre e prestase atención a este músico que tan abandoado tiña a pesares de saber de sobra quen é. 
Aqui tedes a galería de fotos da noite de onte. Pena de non ter a Zoom H2 onte... pero iso é outra historia. 

Fotografía Publicitaria, outro arte arte - Marcus Hausser

Marcus Hausser en Gran Angular 
É puro arte. Conseguir que unha fotografía fale dun producto, faga que te pares a mirar o cartel, a revista... en definitiva, o anuncio.
Don Marcus Hausser é desas persoas que lle dan unha volta á realidade e consiguen facer que a publicidade colla outra dimensión. Mirade senon.

Desaparecido en Libia el fotógrafo español Manu Brabo

Fotografía tomada el pasado 30 de abril del fotógrafo español Manuel Varela de Seijas Bravo.- Diego Ibarra (EFE) 

A fotografía de guerra sempre me deu cousa. Pode representar todo o que ti queiras, podes ensinar ó mundo algo que non se ve si non estas ali... pero estar ali... significa correr risco a túa vida. Non se sabe ainda deste fotógrafo de guerra do cal dende o luns non se sabe nada. A noticia xa saltou e sábese que no errático da guerra contra Gadafi hai moita desinformación. 

Dende aqui agardamos que Manu Brabo quedara sen bateria no tlf, no atope unha cabina ou quedara escondido nun sitio onde non corra risco. 

 FONTE: El periódico 

6/4/11

Manifestación da CIG en Madrid - 05-04-11

O día 05-04-11 a CIG como sindicato galego e outros sindicatos vascos, canarios e cataláns xuntáronse en Madrid para protestar polo actual sistema politico-económico. 
Podedes ver as fotos de toda a manifestación 



Reincidentes y Censurados na sala O Túnel - 02-04-11

Por fin podedes ver as galerias de fotos que esta fin de semana fixen a dous grupos de música o 02-04-11 na Sala O Túnel na Coruña: 

3/4/11

Experimentos baixo da auga

 
Hai pouco aprobeitei que teño unha irmá que estudiou bioloxia mariña e anda por un laboratorio que estuda especies e distinto bicherío do mar e fixera algunha foto con lupa e paciencia como ferramentas. Algún día mostrareivos algunha cousiña, pero mentres pásovos estas fotos baixo do mar da estación biolóxica White Sea que fixeron unhas instantáneas de cores e formas un tanto distintas ó temos coñecido.

1/4/11

Erik Johansson - Creatividade feita imaxen - Photoshop

eric johansson 
Sempre hai polémica con que "ata qué punto debese usar photoshop" que "a foto non é foto despois de photoshopeala"... eu neste caso concreto non teño dúbidas. O que fai Erik Johansson é puro arte e creatividade!!!