Durante a fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2011, cincuenta fotógrafos galegos de todos os ámbitos sustituirán ás praceiras na Praza do Mercado de Ucha, en Ferrol. Os fotógrafos poñerán as súas obras á venda en lugar do peixe, a prezos populares: Dez fotografías de autor nun tamaño e prezo únicos, 50 euros cada unha.
Haberá un total de cincocentas imaxes presentadas polos seus autores, ademais de música, danza, unha conferencia e unha charla, un taller para nenos e algunha sorpresa máis...
PixelinPhoto é un dos compoñentes de este extenso grupo de fotógrafos que van formar parte desta iniciativa. Agardamos vervos por ali e sobre todo disfrutar dunha fin de semana distinta e de intercambio de ideas e visión cos demais fotógrafos.
Vémonos ali!!
Vai quedar mui chulo, seguro. Hai que aproveitar/potenciar estas iniciativas, que son as que dan a vida a este "mundillo".
ResponderEliminarParabéns e sorte nese exitazo de expo ;P
Laura