29/6/11

VIDEO resumo do Festival Derrame Rock 2011

 
E por fin un pequeno resumo do que se respiraba no festival do Derrame Rock XVI en Ourense.
Grazas a tod@s, agardo que vos guste!!

28/6/11

Os tres trebóns na Pescaderia Fotográfica - VIDEOS

Como tamén fixo o Clube Esquío na exposición da Pescadería Fotográfica, os Tres Trebóns deron o seu punto musical festeiro. Senon mirade estes dous videos:


Club Esquío na Pescaderia Fotográfica - VIDEOS

 
Aqui temos os videos dos bailes do Clube Esquío que fixeron na Pescadería Fotográfica. 
Igual que os Tres Trebons que coa súa música amenizaron e déronlle un punto musical á exposición, o Clube Esquío fixo o mesmo con música e bailes.

27/6/11

Pecios - Fotos dun paraíso baixo o mar


 

 Un paraíso del buceo en pecios

Carmen Martínez Torrón - Fotógrafa


Dende a ansia que temos en PixelinPhoto de que a unión, traballo, e de que o bo roio funcione entre fotógrafos e fotógrafas, hoxe falámosvos de Carmen Martínez Torrón. Aqui tedes unha pequena descripción de ela mesma e os links o seu blog onde ver os seus traballos.
"Son unha apaixonada da miña cidade, e, por extensión, da miña comunidade, Galicia. 
Recorrendo moitos recunchos, praias, pobos e sempre coa miña cámara, procuro que as imaxes que tomo da xente, de esas paisaxes tan especiais - as veces, únicos - transmitan tódala esencia, por paradóxico que parezca, nun anaco de papel.
De día ou de noite, cun trípode ou non, unha vez que te atopas preso dese xeito fascinante de ver as cousas, non hai nada que che faga saír del, e cada vez sintes máis a necesidade de construír o teu pequeno mundo de imaxes para amosar a esas persoas que viven fóra de él e contemplan o teu."

Carmen Martínez Torrón.

Mi grupo en facebook 
Mi blog Blogger
Mi flickr  Flickr
Twitter : @superkarmen

24/6/11

Derrame Rock XVI - AS FOTOS


Aqui tedes as fotos dos dous primeiros días do Derrame Rock. Son os días que puiden ir. 
Estivo moi ben, outra nova experiencia que apuntar e que contar. 




E xa podedes ver o VIDEO RESUMO

Non vai haber fotos do terceiro día. O sábado por motivos de traballo non estiven no festival. Disculpade.

Grazas a todos: á organización, a Lamatumbá e Ivan e Ruxe Ruxe por facer que puidera ir, a Los Coronas, Censurados, Molotov, Muchachito, Ruxe Ruxe, Boikot, M-Clan etc... por ser tan boa xente, por parar comigo a falar etc... 
Á Radio Galega e todos os fotógrafos ali presentes por compartir espazo con tanta profesionalidade e amabilidade, ós seguratas pola paciencia etc.. ó encargado de prensa e ó encargado do bar da zona de artistas que me gardou o material cando en consigna non era cómodo deixar o material.


Que aprobeite!! 

23/6/11

Feirón Medieval de Pontedeume 2011 - Falan os medios de comunicación.

Captura del vídeo promocional del Feirón Medieval dos Andrade realizado por Pixelin Photo. / la opinión
Comeza en breve o II Feirón Medieval de Pontedeume e os medios comezan a facerse eco e a falar deste acontecemento que terá lugar o primeiro fin de semana de Xullo. 
Aqui iremos poñendo as novas que falen do evento:

LA VOZ - 1 - 2
Mais info na web OFICIAL