O 4 de maio na Sala Nasa de Compostela organizase un concerto solidario presentado por Carlos Blanco e no que participan Quempallou, The Homens e García MC.
Pixelin Photo colabora con este evento no que, coma sempre búscase atopar apoios de todo tipo de cara a este conflicto que xa leva tempo en pe.
Norias, eses aparellos de feira, un clásico ali onde hai unha festa que se precie, mais ou menos grandes, pero sempre conseguirar embelezar o lugar e seguiran conseguindo terme lonxe de montar en elas...
Teñen bo plante, un xeito singular de adornar, de entrometerse na paisaxe, un xeito único de permitirnos ver dende eles espazos a alturas incribeis e con beleza única. Fotos con teleféricos:
O señor Klaus Leidorf digamos que busca outro xeito de ver as cousas... quizais porque pode e porque quere. Ver as cousas dende o alto aparte de facer ver as cousas mais pequenas consegues apreciar o xeométrico que pode ser toda combinación de obxectos que se poden ver dende ali.
Senon xa veredes nas fotos como a xeometría inunda toda foto:
Hai uns dias literalmente no Teide filmouse este Time Lapse (video feito foto a foto) con un resultado incribel, parece que tooodo esta retocado... pero é que 3715 metros de altitude dan para moi boas vistas.
Acompañado da música de Ludovico Einaudi este video ten pinta de video de película.
Si hai algo polo que devezo e co que ainda me vexo con moito por facer é coa fotografía a baixa velocidade. Pintar, ver pasar, difuminar, expresar cores distintas, paciencia, estabilidade, inxenio... todo este tipo de fotografías fan que teña ganas de sair noites e noites a experimentar con luz e looooooongas exposicións. Aqui podedes ver un porron de fotos do estilo: