14/6/11

Festival Derrame Rock 2011 (16ª Edición)


Non queda nada!! preparados para un festival que promete remexer o cimentos deste planeta. PixelinPhoto estará ali cubrindo o evento os dias 23 e 24 tratando de amosarvos todo o que ali se vive. Haberá algun video e sobre todo moita foto do que pasa enriba, diante e detrás de cada escenario.
Aqui tedes os HORARIOS , os ARTISTAS que van vir e tooooooda a INFORMACIÓN UTIL.

Agardámos que sexa o mais do mais dos festivais. Na web http://www.festivalderramerock.com tedes todo tipo de entrevistas, informacións extra, historia do festival etc.. para facer mais amena a espera.

Marina Cano: Cabárceno

marina cano 
María Cano é unha cántabra que descubrin hai pouco.
Hai un tempo editou un libro adicado ó Parque de Cabárceno.
A Continuación podedes ver algunha foto e o libro dixital con mais fotos.

The Nine Eyes of Google Street View

Asi se chama unha exposición que se levou a cabo en Francia, Irlanda e USA.
Na exposición amosanse instantáneas que tomou o coche Google por ali por onde pasaba co seu sistema de 9 ollos.
O curioso do asunto é que polo mundo adiante nese intre pode pasar de todo e nas fotos que poderedes ver a continuación veredes cousas incríbeis. 
So quero engadir unha cousa a modo persoal: É pasar o coche Google e todo o mundo, ou fai un calvo, ou amosa un dedo da súa man nun xesto que tod@s coñecemos, ou alguén caeu. 
Este coche non trae nada bo.

10/6/11

A Pescaderia Fotográfica

Durante a fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2011, cincuenta fotógrafos galegos de todos os ámbitos sustituirán ás praceiras na Praza do Mercado de Ucha, en Ferrol. Os fotógrafos poñerán as súas obras á venda en lugar do peixe, a prezos populares: Dez fotografías de autor nun tamaño e prezo únicos, 50 euros cada unha.
Haberá un total de cincocentas imaxes presentadas polos seus autores, ademais de música, danza, unha conferencia e unha charla, un taller para nenos e algunha sorpresa máis...


PixelinPhoto é un dos compoñentes de este extenso grupo de fotógrafos que van formar parte desta iniciativa. Agardamos vervos por ali e sobre todo disfrutar dunha fin de semana distinta e de intercambio de ideas e visión cos demais fotógrafos.
Vémonos ali!!

6/6/11

SteadyCam Merlin - Primera toma de contacto



Quérovos ensinar o resultado do meu primeiro día de coa nova ferramenta de traballo que vou ter de cando en cando. Agardo que o resultado guste e que se note pouco que corrin, saltei, subin e baixei escaleiras etc...

Video - Di Elas @ Festas da Ascension (Santiago de Compostela) Xuño 2011

Aqui temos un pequeno fragmento do que foi o concerto de Di Elas do outro día nas festas da Ascensión en Santiago de Compostela.

As fotos estan no meu Facebook 
E no meu Flickr

Grazas a Marcos Martinez por el ojo de pez.

4/6/11

Expotaku 2011 - El reportaje - www.pixelinphoto.com - HD 1080p


Por fin temos aqui o video da Reportaxe do Expotaku.
Unha reportaxe que é froito de mais de 3 horas de videos, mais de 100 clips, case 60 gigas en HD. Unha reportaxe que fixo que pasalo a pouco mais de 50 minutos de duración fose a cousa mais complicada que fixen dende hai tempo. 
Quedaron moitas cousas, persoas, entrevistas etc... fora, e iso non quere dicir que non tiveran cabida.



Movédeo, presumide del e sobre todo disfrutadeo.