20/4/11

Klaus Leidorf - A foto dende o aire

klaus leidorf foto aerea 
O señor Klaus Leidorf digamos que busca outro xeito de ver as cousas... quizais porque pode e porque quere. Ver as cousas dende o alto aparte de facer ver as cousas mais pequenas consegues apreciar o xeométrico que pode ser toda combinación de obxectos que se poden ver dende ali. 
Senon xa veredes nas fotos como a xeometría inunda toda foto: 

19/4/11

The Mountain - Time Lapse


The Mountain from Terje Sorgjerd on Vimeo.

Hai uns dias literalmente no Teide filmouse este Time Lapse (video feito foto a foto) con un resultado incribel, parece que tooodo esta retocado... pero é que 3715 metros de altitude dan para moi boas vistas.
Acompañado da música de Ludovico Einaudi este video ten pinta de video de película.

Grazas Adri Df

15/4/11

Exemplos de fotos a baixa velocidade de obturación

Si hai algo polo que devezo e co que ainda me vexo con moito por facer é coa fotografía a baixa velocidade. Pintar, ver pasar, difuminar, expresar cores distintas, paciencia, estabilidade, inxenio... todo este tipo de fotografías fan que teña ganas de sair noites e noites a experimentar con luz e looooooongas exposicións. Aqui podedes ver un porron de fotos do estilo:

Steve McGhee: O Photoshop do apocalipse

steve mcghee desastres apocalipsis 
Hai tempo que topara algo deste gran "photoshoper" nunha revista e vírame cautivado polo brutal das montaxes. Sempre fun fan do catastrófico, pero Steve o que consegue é amosar unha realidade alternativa que fai que estremezas, que penses de mais e vexas e incluso motíveste pensando o que se pode chegar a facer co Photosghop. E agora entre tanto tsunami, tanto problema radioactivo e o 2012 tan preto, todo isto da mas que pensar. A continuación mais: 

13/4/11

Mirando ó pasado

imagenes del pasado 
É realmente curiosa a idea de ver "por unha ventaniña de papel" o que era o lugar de agora hai tempo. Si tedes fotos de lugares hai tempo, ben podiades tentar a facer e experimentar este tipo de fotografía. 
Tamén se fai con PORTADAS DE DISCOS algo moi parecido. A ver si vos animades a facer algunha:

Fotografía Secuencial - Cunha foto saberedes o que é

fotos secuenciales 
Na web HongKiat atopei 25 exemplos moi bos de fotografía secuencial. 
Para conseguir face algo disto tes que ter unha idea orixinal, un bo tripode, si tal un controlador remoto da cámara e tirar de photoshop para facer a composición final. Mais de unha resultan moi espectaculares. Mirade:

Maciej Duczynski - Si Microsoft o ve

Maciej Duczynski 
Mais dunha vez cando fago unha foto digo: Esta parece un fondo de windows. 
Pos con Maciej pásanos igual ó ver as súas fotos. Paisaxes ás veces case irreais co que podemos pensar en cambiar os nosos fondos de pantalla do computador. Mirade: